A gargalleira agrocultura

Imagen del evento
Apuntados 2
Plazas libres 97
  • 📅
    fecha 04 jul 2021
  • 🕐
    comienza 16:00 - finaliza 00:00
  • 🪇
    Hombres y mujeres de 18 a 99 años
  • 📈
    Visitas 956

🗺  ¿Dónde se hace?

Trasfontao Silleda

🌅  Punto de encuentro

Saí­da de Vigo nun ponto acordado

📜  Información


O domingo 4 de xullo vai ter lugar a inauguración do proxecto de agrocultura na fermosísima finca A Gargalleira, situada en Trasfontao, Silleda, na que en adiante van acontecer cousas moi interesantes.

Empeza con poesía á carta e música tradicional. Unha recua de poetas, capitaneada por María Lado, fará escrita en directo – poemas a demanda – con recital inicial e final, e As efémeras amenizarán a tarde co seu son. Gozaremos de todo isto no gran prado da finca, con servizo de barra e petiscos.

Todas as actividades que se programarán na Gargalleira serán con reserva, xa que é obrigado o control de aforo – de momento – polas medidas Covid. Porén, o importe desa reserva será testemuñal e a entrada decidiraa cada asistente ao rematar o evento billeteira inversa, segundo valore a experiencia e a súa capacidade.

Xa podedes facer a vosa reserva Eis a ligazón: https://entradium.com/events/inauguracion-a-gargalleira-agrocultura

Seguiremos ampliando info sobre o desenvolvemento e contidos do evento neste mesmo espazo.

Lembrade: día 4 de xullo domingo, ás 18h na Gargalleira Silleda
No improbable caso de que a meteoroloxía non sexa favorable, trasládase o evento de data, caso no que avisan coa maior antelación posible.

https://www.facebook.com/events/226475575696526




👥  Apuntados



Regístrate o inicia sesión para apuntarte y ver a los apuntados


📄  Comentarios